Recomendacións


Nos últimos anos a popularización dos grillz aumentou grazas o seu uso por parte de 
cantantes de estilos diversos, famosos e deportistas, pero ¿causan os grillz problemas dentais?

Según a ADA (Asociación Dental Americana) non hai estudos que amosen que o uso dos grillz sexa perxudicial para a boca, nembargantes será necesario seguir unhas recomendacións para manter o bó estado de saúde dental.

Lavar os dentes con frecuencia e utilizar fío dental
Cando se usan os grillz é moi importante que se laven os dentes varias veces ó día, especialmente antes e despois de poñelos para evitar posibles problemas. Tamén é importante pasar a seda dental para eliminar a placa e os restos de comida, pois estos quedan atrapados baixo os grillz e producen ácidos que poden inflamar as enxivas ou causar caries.

Evitar comer ou beber mentres se teñan postos
A saliva elimina de forma natural as bacterias e restos de comida do esmalte dos dentes. Cando se usan os grillz estes fan de barreira impedindo a súa eliminación, o cal fomenta a acumulación de placa dental provocando tamén mal alento.

Non levalos postos moito tempo
Para previr problemas é recomendable limitar o tempo de uso dos grillz a un máximo de 4 horas diarias, xa que levalos durante moito tempo seguido pode causar tincións nos dentes, a abrasión do esmalte e demais problemas dentais.

Realizados por un profesional
Para que os grillz se axusten adecuadamente é preciso realizar unha impresión dental correcta e obter así o modelo da boca. O máis indicado para tomar esta impresión será un odontólogo ou hixienista dental, pois se o modelo non ten a forma exacta dos dentes o metal dos grillz podería enclavarse nas enxivas e producir danos nos tecidos orais.

Materiais aptos para uso oral
Algúns metais poden causar alerxias, irritación ou outros problemas na boca, polo que, para evitar riscos, é recomendable escoller unha aleación adecuada para o uso oral e nos primeiros días comprobar que non da problemas utilizando os grillz durante periodos curtos de tempo.

Limpa os grillz con produtos adecuados
Cando se quiten os grillz da boca será preciso limpalos en profundidade, pero sempre empregando produtos adecuados. Débense evitar sempre os limpadores para xoias, pois poden ser perigosos e sobre todo tóxicos. Lavalos con dentífrico é suficiente.

Utiliza os grillz "con cabeza"
Os grillz deben poñerse e quitarse con coidado de non danar os tecidos dentais, polo que evitarase modificalos ou unilos ós dentes con adhesivos ou calquera outro material.

0 comentários:

Publicar un comentario